As cinco mesas sectoriais constituídas esta semana celebrarán distintas reunións
O grupo de desenvolvemento local (GDR) Seitura 22, integrado polos
concellos das comarcas de Ferrolterra, Ortegal e Eume, Vilarmaior (que
xa formaba parte de Euroeume) e Miño, dispón de pouco máis de tres meses
para perfilar a estratexia coa que optará aos fondos do programa Leader
2014-2020. Na reunión do martes, ademais de constituír a nova entidade e
designar unha directiva provisional para este período, creáronse as
cinco mesas sectoriais: dinamización sociocomunitaria, sector
agroforestal, empresarial e do emprego, benestar social, e turismo,
comercio e hostalería. Durante este tempo, ademais de definir os
contidos do proxecto para o que aspiran a lograr financiamento, deberán
formalizar a súa adhesión os concellos (na acta fundacional figuran 14) e
as entidades privadas (o martes asinaron 44) que aínda non o fixeron. O
persoal de Costa Noroeste e Euroeume traballa na nova entidade, a
través de convenios de colaboración. «Faremos reunións de todas as mesas
e por todos os territorios, coa máxima información e a maior
participación, de socios e incluso de estudiosos de distintas áreas. Así
o obriga a Unión Europea. Trátase de coñecer as necesidades reais da
xente», recalcan fontes do GDR 24.
Ningún comentario:
Publicar un comentario