Este é o blog da Asoc. Seitura 22. Esta entidade está a xestionar o Eixo Leader no territorio abarcado polas comarcas de Ferrol, Eume, Ortegal e os concellos de Miño e Vilarmaior durante o actual periodo de programación comunitaria 2.014-2.020.
mércores, 6 de novembro de 2019
martes, 15 de outubro de 2019
15 de Outubro, día da muller rural.
Con motivo do día da Muller Rural, Seitura promove unha xornada enmarcada nas actividades de Outono e Igualdade que estámos a desenvolver.
mércores, 29 de maio de 2019
Xornadas sobre a creación de comedores escolares ecolóxicos
Entre os obxectivos do curso e temáticas, están as seguintes:
– Coñecer as claves do funcionamiento dos Eco-Comedores escolares en España e Galicia.
– Identificar os requisitos para empresas produtoras vender en comedores ecolóxicos.
– Aprendizaxe social y sostible: produto local, de tempada e compra local.
– Como iniciar un proxecto de eco-comedores escolares: primeiros pasos e alianzas locais.
Mais información: extension@uvigo.es / 986 813 626 / ecoecoagro@uvigo.gal
mércores, 30 de xaneiro de 2019
AXUDAS PUBLICADAS NO DOGA ESTA QUINCENA
A continuación vos deixamos unha reseña de varias convocatorias de axudas publicadas no DOGA que poden resultar de interese.
DOG 14-01-19:
Axencia Turismo de Galicia
RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2018 pola que se
establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia
competitiva, de subvencións a proxectos novos de dinamización do Xacobeo 2021
dentro do programa O teu Xacobeo e se procede á súa convocatoria para os anos
2019 e 2020.
DOG 18-01-19:
Consellería
do Medio Rural
ORDE do 19 de decembro
de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras
das axudas para a
creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo
Europeo Agrícola de
Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa
de desenvolvemento
rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019.
DOG 28-01-19:
Axencia Turismo de Galicia
RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2019 pola que se establecen as
bases
reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia
competitiva, de
subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos
establecementos
turísticos de aloxamento da Comunidade Autónoma de Galicia e se
anuncia a
súa convocatoria para o ano 2019.
DOG 28-01-2019:
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2018 pola que se aproban as
bases
reguladoras das subvencións para proxectos de adquisición de
maquinaria e
equipamento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co
Fondo Europeo
Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de
desenvolvemento
rural (PDR) de
Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2019.
Tedes as convocatorias completas no seguinte enlace:
Saúdos,
mércores, 23 de xaneiro de 2019
A Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia publica as bases para a contratación dun técnico.
A Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia constitúese
no ano 2009 coa finalidade de favorecer o desenvolvemento rural dos
territorios, coordinando as accións dos Grupos de Desenvolvemento Rural,
facilitando o intercambio de información e experiencias entre distintas zonas e
axentes do rural, fomentando a introdución de novas tecnoloxías e o traballo en
rede.
Na actualidade a Asociación de GDRs de Galicia agrupa a 23 entidades,
entre as que está Seitura 22, todas elas xestionado programas dentro da Medida Leader (2014-2020)
A Asociación acordou dotarase de persoal con formación e capacidade
para dinamizar a Asociación nos vindeiros anos, apoiando actividades para os
GDRs que incrementen a visibilidade na sociedade.
Segundo Acordo de
Asemblea Xeral acórdase iniciar o procedemento de selección de persoal.
1. OBXECTO DA
CONVOCATORIA.
É obxecto desta convocatoria fixar as Bases e determinar o
procedemento de selección para a contratación laboral dunha persoa que
desenvolva o cargo de Responsable Técnico da Asociación de GDRs de Galicia.
O tipo de contrato será a tempo parcial “por obra ou servizo
determinado", cun salario bruto de 15.000 euros/ano. Esta media xornada
poderá transformarse en xornada completa, caso de ser necesario por razóns do volume de
traballo, proxectos conseguidos e resultados acadados.
O proceso garantirá os principios de
igualdade, mérito e capacidade, publicidade e concorrencia.
Podedes descargar as bases da convocatoria no seguinte enlace:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)