Actividades / Convocatorias

Información sobre actividades de animación do GALP A Mariña-Ortegal

Infórmarvos de que estanse iniciando as seguintes actividades :

-          Campaña de sensibilización escolar “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar 2018”.- iniciativa de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar, a través dun completo programa durante os meses de maio, xuño, setembro, outubro e novembro do 2018.  
O principal obxectivo é achegar as novas xeracións, escolares de primaria e secundaria, ó entorno litoral de A Mariña-Ortegal, para descubrir in-situ a cultura mariñeira, os recursos naturais e as artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal. Persegue ademais, provocar na poboación escolar un cambio de perspectiva cara o respecto do medio mariño e uns hábitos de consumo responsable dos produtos do mar. Ao mesmo tempo, a través desta campaña, póñense en valor as actividades económicas do sector do mar dunha forma sustentable.  http://maresdecultura.es/comeza-mares-de-cultura-os-nenos-e-o-mar-2018/
-          Programa escolar “Xogando na Auga”.- iniciativa de sensibilización e divulgación do GALP A Mariña-Ortegal para achegar aos escolares do territorio do Ortegal (dende Mañón ata Valdoviño) ás técnicas de navegación en embarcacións de vela e de remo.
Trátase de poñer en valor o acervo cultural relacionado coa navegación tradicional e as artes mariñeiras, tan importantes nestes pobos pesqueiros. https://galp.xunta.gal/a-marina-ortegal/o-galp-a-marina-ortegal-comeza-o-programa-escolar-xogando-na-auga-2018

Talleres de participación pública para a estratexia de Infraestrutura Verde da área da Coruña nos concellos das comarcas do Eume e Ferrol.


Nos próximos días, celebraranse unha serie de talleres de participación pública para a iniciativa da Infraestrutura Verde da área da Coruña, en diversos concellos da nosa Asociación. Estes encontros, abertos a toda a cidadanía interesada, buscan recoller as propostas e ideas da poboación para coñecer a situación ambiental da zona e as opinións para mellorar e manter as áreas naturais e a ordenación do territorio desde unha perspectiva medio ambiental, ademais de identificar posibles sendas e rutas ou espazos de ocio que se poderían crear ou mellorar.
Compre recordar que a Infraestrutura Verde da área da Coruña é unha iniciativa pioneira en Galicia e na súa posta en marcha están a colaborar desde finais do ano pasado a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Fundación Juana de Vega, o Instituto Tecnolóxico de Galicia e a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos. A través deste proxecto promóvese unha estratexia de planificación das zonas naturais e doutros elementos co fin de garantir a provisión de todo tipo de servizos ambientais e a protección da biodiversidade das áreas urbanas e rurais.
Por este motivo pensamos que resultaría de gran importancia e interese a túa participación neste encontro, para coñecer en detalle o estado do teu concello, e identificar as posibilidades e melloras ambientais de futuro. Ademais, sería de interese invitar a todas aquelas persoas ou entidades que consideres poidan aportar ideas e opinións sobre esta iniciativa.

Os talleres que se desenvolverán en horario de tarde (18:30 h.), teñen as seguintes datas e lugares previstos, aínda que poderían sufrir cambios por motivos de organización:

Área de Monfero - A Capela - As Pontes: data pendente de confirmación, no Concello das Pontes
Área de Pontedeume - Cabanas: 10 de abril, no Concello de Pontedeume
Área de Ares - Fene - Mugardos: 12 de abril, no Concello de Ares
 



Estes obradoiros que están abertos a todas as persoas interesadas, axudan a realizar unha diagnose da situación actual da área e a recoller proposición e opinións, ademais de informar e fomentar a implicación e interese pola iniciativa entre a poboación. En principio estes encontros están planificados para desenvolverse en horario de tarde, a partir das 18:30 h, tendo unha duración estimada de 1 hora e 15 minutos, coa seguinte estrutura:

o 18:30 - 18:40 h. Presentación obradoiro e presentación dos asistentes e o seu interese na xornada.
o  18:40- 18:45 h. Visualización do vídeo Infraestrutura Verde de Galicia.
o 18:45 - 19:00 h. Charla Divulgativa (presentación en formato Powerpoint), centrándose na situación actual e os obxectivos, onde se abordarán os seguintes temas:
·         Problemas do medio ambiente e a súa importancia na actualidade. Empregarase a información da diagnose xeral e concreta da área de actuación realizada.
·         Qué é unha infraestrutura verde?
·         Obxectivos da Infraestrutura Verde da área da Coruña
·         Elementos e beneficios da infraestrutura verde.
o    19:00 – 19:15 h. Cuestionario caracterización asistentes.
o    19:15 – 19:45 h. Traballo en Grupo sobre identificación de núcleos e corredores sobre planos do concello. Debate.







   V Feria de Emprego de Galicia. En Vigo

 ¿Tes unha empresa no rural? ¿Queres ampliala ou modernizala?


Agader vai convocar axudas destinadas á compra de maquinaria, equipamento e instalacións para empresas que desenvolven actividades non agrícolas

Si eres:
Pequena empresa,  
Persoa física suxeita ao réxime especial de traballadores autónomos
Titular dunha explotación agraria ou membro da súa
unidade familiar
Interésache!

¿que se subvenciona?
Maquinaria e equipamentos novos, afectos á actividade empresarial.
Obras e instalacións necesarias para funcionamento da maquinaria adquirida.

Estate atento durante o mes de xaneiro ao DOG e á páxina web de Agader agader.xunta.gal
ou ponte en contacto con nós a través do enderezo electrónico: infoagader@xunta.gal. ou nos teléfonos: 981547382 - 981547369 - 981542690s teléfonos: 981547382 - 981547369 - 981542690Intensidade

das axudas
¿Cales son os principais requisitos?
Empresas constituidas antes de xaneiro de 2018.
Os investimentos non poden estar iniciados na data da presentación da solicitude de axuda.
Que se desenvolvan no territorio de Galicia, agás nas parroquias clasificadas como zonas densamente poboadas (ZDP).
O orzamento dos proxectos debe estar comprendido entre 10.000€ e 300.000€, no caso de artesanía está contía será de entre 5.000€ e 100.000€.
Ata un máximo de 135.000€. Intensidade das axudas 45%

Obradoiro de Márketing Online

A Asociación de Empresarios Ferrolterra coa colaboración do Concello de Ferrol, organiza este obradoiro co obxectivo de mellorar o funcionamento e a calidade dos servizos comerciais e da hostalería, especialmente no relacionado coas novas tecnoloxías, contando con relatores de referencia no eido do márketing e as TICs.
Data: 10 de outubro de 2017.
Horario: de 16.30 a 18.30.
Lugar: Antigo Hospicio (Rúa Méndez Núñez, 11. Ferrol).
Programa:
  • 16.30 a 16. 45h. Recepción dos asistentes e entrega de documentación.
  • 16.45 a 17.30h. Charla “ Claves para que unha PEME teña unha boa Estratexia Dixital”. Relator Dani Cerqueiro.
  • 17.30 a 18.00h. Caso de éxito de uso das ferramentas dixitais. Mercería Sarabia de Vigo.
  • 18.00 a 18.30h.Coloquio e clausura do obradoiro
Inscrición: info@empresarios-ferrolterra.org / 981 333 305



VISITA A INICIATIVAS DE ELABORACIÓN DE PRODUTOS AGROALIMENTARIOS
Obxectivo: Seguindo coas actividades en prol do desenvolvemento rural, a Asociación Agroecolóxica A Cortiña, en colaboración co Concello de San Sadurniño organizan unha viaxe, de dous días de duración, con visitas a explotacións e empresas, da provincia de Lugo, centradas na produción, elaboración e transformación de diferentes produtos agroalimentarios.
Datos da actividade:
·         Datas: 7 e 8 de outubro de 2017
·         Saída: 07/10/2017 ás 08:00 h, da Casa do Concello de San Sadurniño (Pazo da Marquesa)
·         Percorrido:
o   Visita a unha queixería da DO San Simón da Costa (Queixería Don Gabino)
o   Visita a unha explotación de mel (Mel pingas de Gaia)
o   Visita a unha granxa avícola ecolóxica (Granxa avícola Eco-Vilalba)
o   Visita a un seleccionador, criador e reprodutor de abellas raíñas (Abella Meiga)
o   Visita a unha explotación gandeira de leite ecolóxico, con elaboración de produtos lácteos e establecemento de turismo rural (Granxa Arqueixal)
o   Visita a unha explotación de recollida, selección e envasado de castañas (aínda por determinar)
o   Visita a unha cooperativa de produción de froita e elaboración de zumes naturais, con demostración práctica de todo o proceso de prensado, envasado e pasteurizado (Cooperativa Ribeira do Navia - Ribeiregas)
·         Prazas dispoñibles: 24
·         Custo: o aloxamento (en Casa de Turismo rural), as visitas e o transporte (en autobús) corren a cargo das entidades organizadoras. As comidas (aproximadamente un total de 50 euros) correrán a cargo das persoas participantes
·         Persoas destinatarias: aquelas interesadas na elaboración e comercialización de diferentes produtos agroalimentarios, principalmente dende a perspectiva da produción tradicional e ecolóxica
·         Inscrición: farase por teléfono, chamando ao 981490027, do Concello de San Sadurniño, indicando o nome, documento de identidade, lugar de procedencia, teléfono e correo electrónico.
·         Preferencia: as inscricións faranse por orde de solicitude, ata completar as prazas dispoñibles, tendo preferencia as persoas socias da Asociación A Cortiña e as empadroadas no Concello de San Sadurniño

I Mostra de Cooperativismo e Economía Social de Ferrolterra



Achégamosvos o programa da Mostra de Cooperativismo e Economía Social que se desenvolverá o próximo xoves 28 de Setembro no Centro Torrente Ballester de Ferrol. A Mostra, estara aberta de 9:00 a 21:00 horas e pretende ser amena e práctica, con presentacións dinámicas, xogos, etc. O acto institucional de presentación e as primeiras charlas terán lugar ás 11:00 da mañá.

Ningún comentario:

Publicar un comentario