venres, 28 de decembro de 2018

Seitura 22 presenta o proxecto de cooperación que aspira a desenvolver no 2.019


Os pasados días 19 e 20 de Decembro na Seu d’ Urgell, Lleida, Seitura 22 estivo presentando o proxecto “POR UN MUNDO RURAL VIVO - Recuperando ilusión”. 

O cal pretendemos desenvolver a través da convocatoria de Cooperación Leader publicada nesta anualidade pola Xunta cos obxectivos de;  

- Incentivar e facilitar o retorno e a inserción laboral da xuventude nas zonas rurais. Dinamizando así a economía rural, fomentando a dinamización e diversificación do rural en actividades económicas.
- Impulsar o número de persoas mozas que se incorporen ó sector agrícola, colaborando en promover unha transición agroecolóxica e o relevo xeracional.

A xornada apoiada pola Red Rural Nacional, busca facilitar a cooperación entre os GDR. Nesta ocasión a xornada foi organizada polo Grupo CAUC Alt Urgell y Cerdanya co fin de cooperar con outros grupos con obxectivos semellantes aos do proxecto ODISSEU “Retorno del talento joven” que aborda o fenómeno da migración xuvenil rural-urbana e busca encontrar solucións á fuga de talento das zonas rurais e á falta de relevo xeracional nos concellos rurais.