martes, 21 de xuño de 2016

Aprobada a Estratexia e o Plan de Acción de Seitura 22 para o periodo 2.014-2.020



Onte celebrouse na Malata a Asamblea de Seitura 22 na que se espuxeron os principais documentos que constituen a candidatura da Asociación ao programa Leader 14-20.

Ademais dos anteditos Estratexia e Plan de Acción, aprobouse o Cadro Fiancieiro, que se presentará ao programa cifrado en 5 millóns de euros, e os Criterios de Selección de Proxectos. Estos dous últimos documentos sufriron modificacións gracias ao debate suscitado, ao respecto das propostas inicialmente presentadas.

venres, 17 de xuño de 2016

Convocada Asemblea da Asociación SEITURA22 para o luns día 20 en FIMO, Ferrol.

Na Asamblea presentarase a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa (EDLP).


A  Asamblea servirá de presentación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa (EDLP) da Asociación SEITURA22, coa que pretendemos concorrer á convocatoria de AGADER para xestionar o Programa LEADER de Galicia 2014-2020, no ámbito territorial dos 22 concellos do noso contorno.

Dita asemblea terá lugar o LUNS DÍA 20 DE XUÑO de 2016, ás 19:30 horas, en primeira convocatoria e ás 20:00 en segunda convocatoria, no Auditorio de FIMO (Ferrol), situado no edificio de servizos múltiples (subindo as escaleiras principais e despois da porta xiratoria ao lado das oficinas de Costa Noroeste ).

Nesta asemblea informativa darase conta á sociedade civil e institucional, participantes no proceso, do resultado do traballo feito durante os meses pasados, cunha exposición e visualización dos contidos da Estratexia.

Tamén se recollerán as suxestións que se queiran aportar, co fin de pechar o documento e presentalo ante a Xunta de Galicia na última semana de xuño, prazo no que remata a presentación de candidaturas.

Asuntos, todos eles que se desenvolverán na seguinte ODD:

1. Dar conta do documento “Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa do Grupo de Desenvolvemento Local Asociación SEITURA22”.
2. Propostas ou suxestións a EDLP.
3. Acordo de aprobación , se procede, da EDLP SEITURA22.
4. Rogos e preguntas.

A este respecto están a disposición dos interesados, no apartado de descargas de este blog, os arquivos de:

- Estratexia Seitura 22
- Plan de Acción Seitura 22