luns, 20 de xaneiro de 2020

Celebrada Asamblea Xeral Extraordinaria en Ferrol

O Venres 17 de Xaneiro de 2020, celebrouse no Centro Torrente Ballester de Ferrol unha Asamblea Xeral Extraordinaria.

Na mesma abordouse a recente publicación da convocatoria de axudas do Leader para 2020 e 2021e tamén se procedeu á renovación de cargos da Xunta Directiva.

Publicada a convocatoria do Leader para as anualidades de 2020 e 2021.

O pasado luns 30 de Decembro publicouse no DOGA a convocatoria das axudas do Leader.

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ven de convocar as axudas para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme
a estratexia de desenvolvemento local participativo) da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2020 e 2021, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

Ditas axudas poden solicitarse ata o 31 de Xaneiro de 2.020.

Pódense consultar as bases de dita convocatoria no apartado de Descargas de este blog.

Máis información contactar coa Asoc. Seitura 22, polos diferentes canais sinalados no apartado de Contacto.