A Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia constitúese
no ano 2009 coa finalidade de favorecer o desenvolvemento rural dos
territorios, coordinando as accións dos Grupos de Desenvolvemento Rural,
facilitando o intercambio de información e experiencias entre distintas zonas e
axentes do rural, fomentando a introdución de novas tecnoloxías e o traballo en
rede.
Na actualidade a Asociación de GDRs de Galicia agrupa a 23 entidades,
entre as que está Seitura 22, todas elas xestionado programas dentro da Medida Leader (2014-2020)
A Asociación acordou dotarase de persoal con formación e capacidade
para dinamizar a Asociación nos vindeiros anos, apoiando actividades para os
GDRs que incrementen a visibilidade na sociedade.
Segundo Acordo de
Asemblea Xeral acórdase iniciar o procedemento de selección de persoal.
1. OBXECTO DA
CONVOCATORIA.
É obxecto desta convocatoria fixar as Bases e determinar o
procedemento de selección para a contratación laboral dunha persoa que
desenvolva o cargo de Responsable Técnico da Asociación de GDRs de Galicia.
O tipo de contrato será a tempo parcial “por obra ou servizo
determinado", cun salario bruto de 15.000 euros/ano. Esta media xornada
poderá transformarse en xornada completa, caso de ser necesario por razóns do volume de
traballo, proxectos conseguidos e resultados acadados.
O proceso garantirá os principios de
igualdade, mérito e capacidade, publicidade e concorrencia.
Podedes descargar as bases da convocatoria no seguinte enlace:
Ningún comentario:
Publicar un comentario