Este é o blog da Asoc. Seitura 22. Esta entidade está a xestionar o Eixo Leader no territorio abarcado polas comarcas de Ferrol, Eume, Ortegal e os concellos de Miño e Vilarmaior durante o actual periodo de programación comunitaria 2.014-2.020.
martes, 15 de outubro de 2019
15 de Outubro, día da muller rural.
Con motivo do día da Muller Rural, Seitura promove unha xornada enmarcada nas actividades de Outono e Igualdade que estámos a desenvolver.
mércores, 29 de maio de 2019
Xornadas sobre a creación de comedores escolares ecolóxicos
Entre os obxectivos do curso e temáticas, están as seguintes:
– Coñecer as claves do funcionamiento dos Eco-Comedores escolares en España e Galicia.
– Identificar os requisitos para empresas produtoras vender en comedores ecolóxicos.
– Aprendizaxe social y sostible: produto local, de tempada e compra local.
– Como iniciar un proxecto de eco-comedores escolares: primeiros pasos e alianzas locais.
Mais información: extension@uvigo.es / 986 813 626 / ecoecoagro@uvigo.gal
mércores, 30 de xaneiro de 2019
AXUDAS PUBLICADAS NO DOGA ESTA QUINCENA
A continuación vos deixamos unha reseña de varias convocatorias de axudas publicadas no DOGA que poden resultar de interese.
DOG 14-01-19:
Axencia Turismo de Galicia
RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2018 pola que se
establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia
competitiva, de subvencións a proxectos novos de dinamización do Xacobeo 2021
dentro do programa O teu Xacobeo e se procede á súa convocatoria para os anos
2019 e 2020.
DOG 18-01-19:
Consellería
do Medio Rural
ORDE do 19 de decembro
de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras
das axudas para a
creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo
Europeo Agrícola de
Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa
de desenvolvemento
rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019.
DOG 28-01-19:
Axencia Turismo de Galicia
RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2019 pola que se establecen as
bases
reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia
competitiva, de
subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos
establecementos
turísticos de aloxamento da Comunidade Autónoma de Galicia e se
anuncia a
súa convocatoria para o ano 2019.
DOG 28-01-2019:
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2018 pola que se aproban as
bases
reguladoras das subvencións para proxectos de adquisición de
maquinaria e
equipamento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co
Fondo Europeo
Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de
desenvolvemento
rural (PDR) de
Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2019.
Tedes as convocatorias completas no seguinte enlace:
Saúdos,
mércores, 23 de xaneiro de 2019
A Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia publica as bases para a contratación dun técnico.
A Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia constitúese
no ano 2009 coa finalidade de favorecer o desenvolvemento rural dos
territorios, coordinando as accións dos Grupos de Desenvolvemento Rural,
facilitando o intercambio de información e experiencias entre distintas zonas e
axentes do rural, fomentando a introdución de novas tecnoloxías e o traballo en
rede.
Na actualidade a Asociación de GDRs de Galicia agrupa a 23 entidades,
entre as que está Seitura 22, todas elas xestionado programas dentro da Medida Leader (2014-2020)
A Asociación acordou dotarase de persoal con formación e capacidade
para dinamizar a Asociación nos vindeiros anos, apoiando actividades para os
GDRs que incrementen a visibilidade na sociedade.
Segundo Acordo de
Asemblea Xeral acórdase iniciar o procedemento de selección de persoal.
1. OBXECTO DA
CONVOCATORIA.
É obxecto desta convocatoria fixar as Bases e determinar o
procedemento de selección para a contratación laboral dunha persoa que
desenvolva o cargo de Responsable Técnico da Asociación de GDRs de Galicia.
O tipo de contrato será a tempo parcial “por obra ou servizo
determinado", cun salario bruto de 15.000 euros/ano. Esta media xornada
poderá transformarse en xornada completa, caso de ser necesario por razóns do volume de
traballo, proxectos conseguidos e resultados acadados.
O proceso garantirá os principios de
igualdade, mérito e capacidade, publicidade e concorrencia.
Podedes descargar as bases da convocatoria no seguinte enlace:
venres, 28 de decembro de 2018
Seitura 22 presenta o proxecto de cooperación que aspira a desenvolver no 2.019
Os pasados días
19 e 20 de Decembro na Seu d’ Urgell, Lleida, Seitura 22 estivo presentando o
proxecto “POR UN MUNDO RURAL VIVO - Recuperando ilusión”.
O cal pretendemos
desenvolver a través da convocatoria de Cooperación Leader publicada nesta anualidade
pola Xunta cos obxectivos de;
- Incentivar e
facilitar o retorno e a inserción laboral da xuventude nas zonas rurais.
Dinamizando así a economía rural, fomentando a dinamización e diversificación
do rural en actividades económicas.
- Impulsar o
número de persoas mozas que se incorporen ó sector agrícola, colaborando en
promover unha transición agroecolóxica e o relevo xeracional.
A xornada
apoiada pola Red Rural
Nacional, busca facilitar a cooperación entre os GDR. Nesta ocasión
a xornada foi organizada polo Grupo CAUC Alt Urgell y Cerdanya co fin de
cooperar con outros grupos con obxectivos semellantes aos do proxecto ODISSEU “Retorno del talento joven” que
aborda o fenómeno da migración xuvenil rural-urbana e busca encontrar
solucións á fuga de talento das zonas rurais e á falta de relevo xeracional
nos concellos rurais.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

