xoves, 5 de abril de 2018

Talleres de participación pública da Infraestrutura Verde da área da Coruña



Nos próximos días, celebraranse unha serie de talleres de participación pública para a iniciativa da Infraestrutura Verde da área da Coruña, en diversos concellos da nosa Asociación. Estes encontros, abertos a toda a cidadanía interesada, buscan recoller as propostas e ideas da poboación para coñecer a situación ambiental da zona e as opinións para mellorar e manter as áreas naturais e a ordenación do territorio desde unha perspectiva medio ambiental, ademais de identificar posibles sendas e rutas ou espazos de ocio que se poderían crear ou mellorar.


Os talleres que se desenvolverán en horario de tarde (18:30 h.), teñen as seguintes datas e lugares previstos, aínda que poderían sufrir cambios por motivos de organización:

Área de Monfero - A Capela - As Pontes: data pendente de confirmación, no Concello das Pontes
Área de Pontedeume - Cabanas: 10 de abril, na Aula Nº 14, Edif. Foremdes, Avda. Ricardo Sánchez s/n, Pontedeume.
Área de Ares - Fene - Mugardos: 12 de abril, no Salón de Actos do Edificio da Alianza Aresana, Rúa María Nº 11, Ares.
Para máis información pódese consultar o apartado de Actividades de este blog, consultar a páxina web infraestruturaverdecoruna.gal, enviar un correo electrónico ao enderezo info@infraestruturaverdecoruna.gal ou chamar ao teléfono 981 669 541.





xoves, 22 de marzo de 2018

Ampliase o prazo para a presentación de solicitudes de axuda Leader 2018 (1ª convocatoria).

O prazo para a presentación de proxectos nesta primeira convocatoria rematará o 3 de Abril. 


A primeira convocatoria da anualidade Leader 2.018, que inicialmente estaba previsto que rematara o 30 de Marzo, prorrogase ate o 3 de Abril.

Así para as persoas físicas o rexistro das oficinas de Seitura 22 estara aberto ate as 14:00 horas do martes 3 de Abril. Para o resto de solicitantes; sociedades, concellos, asociacións e tamén persoas físicas se así o desexan, o Rexistro da Xunta pechara ese día 3 ás 23:59.

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codCons=MR&codProc=701D&procedemento=MR701D




xoves, 15 de marzo de 2018

A Deputación convoca axudas a autónomos e empresas para bens inventariables.


Podes beneficiarte da axuda "PEL- Emprende Inversión 2018" da Deputación da Coruña, ata 25.000€ para:

1. Crear unha nova páxina web ou actualizar unha existente.
2. Mercar unha aplicación informática de xestión.
3. Renovar os teus equipos: ordeadores e outros conxuntos electrónicos. 

O XOVES, 15 DE FEBREIRO DE 2018 O BOP PUBLICA AS "BASES REGULADORAS DE LA CONVOCATORIA DE AYUDAS A LA CONSOLIDACIÓN Y AL FORTALECIMIENTO DEL TEJIDO EMPRESARIAL EN LOS AYUNTAMIENTOS DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA A TRAVÉS DEL APOYO A LA INVERSIÓN EN BIENES INVENTARIABLES. (PEL-Emprende Inversión 2018).

Enlace convocatoria PEL-Emprende Inversión 2.018




luns, 29 de xaneiro de 2018

O DOGA do Luns, 29 de Xaneiro de 2018, publica a convocatoria das axudas de Medio Rural  para proxectos de investimento en actividades non agrícolas.

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes desde a súa publicación.
 Para mais info poñanse en contacto coas Delegacións da Consellería, OCA´s ou con nos.

venres, 12 de xaneiro de 2018

O DOGA do Venres, 12 de xaneiro de 2018 publica a convocatoria das axudas de Medio Rural  para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios neste 2.018


Así faise pública a ORDE do 18 decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras
das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios para o período 2014-2020 cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2018.

A Convocatoria está orientada a investimentos superiores aos 60.000 €, dado que "Os proxectos nos cales o importe total dos investimentos subvencionables sexa inferior a 60.000 € ... non serán subvencionables".

Estes últimos poderan tramitarse a través da convocatoria Leader que xestionan os GDR como Seitura 22. Para mais info poñanse en contacto con nos.

martes, 19 de setembro de 2017

Na primeira convocatoria de axudas Leader aprobáronse axudas para 17 proxectos.

En total foron 859.835,76 euros de axudas públicas os que se comprometeron para estos 17 proxectos a executar entre 2.017 e 2.018.

A continuación presentamos a relación de proxectos e as cantidades comprometidas:

ANEXO I: PROXECTOS PRODUTIVOS


Título
Promotor
Orzamento aceptado
Portentaxe de  axuda (%)
IMPORTE AXUDA 2017
IMPORTE AXUDA 2018
Concello
Mellora da eficiencia enerxética nunha explotación de leite para a elaboración de xeados en O Cancelo, Miño
Cooperativa Agraria Provincial de La Coruña, S.C.G.
112.135,85 €
49,10%
55.058,70 €

Miño
A Palleira de Lourán
Ana María Jove Bouza
      75.480,00 €
48,50%
     9.151,95 €
27.455,85
Monfero
Mareessentia: Produtor adicado á produción de plantas aromáticas, medicinais e condimentarias
Francisco Brais Martínez
      27.269,00 €
47,60%
   12.980,04 €

Mugardos
Carpintería da madeira (O Xestal)
Ramiro Cuenca Gómez
110.789,00 €
47,60%
13.183,89 €
39.551,67 €
Monfero
Taller reparación de maquinaria agrícola e forestal
Maderas Silvar, S.L.
   217.454,85 €
46,70%
   91.396,28 €
10.155,14
Monfero
Hotel Rural de 1 Estrela
María del Carmen Rey Saavedra
   152.636,57 €
46,40%
   17.705,84 €
53.117,53
Pontedeume
Adquisición camión con carrocería ganadera
Diego Gómez Martínez
      30.000,00 €
45,50%
   13.650,00 €

Mañón
Horta da Terra: Centro de apoio e servizos ao sector hortofroit. Sust. Reserva da biosfera.
Horta do País, S.L.
   499.435,71 €
45,20%
134.622,66 €
65.377,34
Miño
Proxecto de ampliación de empresa adicada á fabricación de carpintería de madeira
Rañal y Lago, S.L.L.
      21.880,00 €
44,30%
9.692,84 €
0,00
Cerdido
Instalación para o almacenamento, preparación e venda de produtos de orixe forestal con fins enerxéticos
Daniel Bañobre Lomba
   123.639,68 €
44,00%
8.727,00 €
2.000,00
Miño



ANEXO II: PROXECTOS NON PRODUTIVOS PROMOVIDOS POR ENTIDADES PÚBLICAS LOCAIS


Título
Promotor
Orzamento aceptado
Portentaxe de  axuda (%)
IMPORTE AXUDA 2017
IMPORTE AXUDA 2018
Inclusión social de persoas con mobilidade reducida: mellora da comunicación vertical no Edificio da Casa da Cultura
Concello de Cariño
    79.978,07 €
73,00%
14.596,00
43.787,99
Acondicionamento de locais de edificio municipal para Centro de Formación homologado
Concello de Ortigueira
    65.044,74 €
71,00%
23.090,89
23.090,88
Creación e acondicionamento de comedores escolares municipais
Concello de Mugardos
    28.371,91 €
67,00%
19.009,18

Dotación dun aula Cemit e un aula de usos múltiples no edificio de servizos socioculturais Antiga Casa do Concello
Concello de Cabanas
    60.000,00 €
64,00%
32.639,73
5.760,27
Consolidación dos torreóns defensivos do Castelo do Casón, Ortigueira
Concello de Ortigueira
    24.439,78 €
60,00%
14.663,87

Mellora integral dos xardíns do Pazo da Marquesa
Concello San Sadurniño
57.605,04 €
55,60%
30.567,51




ANEXO III: PROXECTOS NON PRODUTIVOS PROMOVIDOS POR ENTIDADES PRIVADAS


Título
Promotor
Orzamento aceptado
Portentaxe de  axuda (%)
IMPORTE AXUDA 2017
IMPORTE AXUDA 2018
Concello
Vivenda para promoción de vida autónoma e servizo de respiro familiar
Asociación Nosa Señora de Chamorro
 145.488,69 €
89,00%
57.671,65  
31.131,06
Narón