Talleres de participación pública da Infraestrutura Verde da área da Coruña
Nos próximos días, celebraranse unha serie de talleres de
participación pública para a iniciativa da Infraestrutura Verde da área da
Coruña, en diversos concellos da nosa Asociación. Estes encontros, abertos
a toda a cidadanía interesada, buscan recoller as propostas e ideas da
poboación para coñecer a situación ambiental da zona e as opinións para
mellorar e manter as áreas naturais e a ordenación do territorio desde unha
perspectiva medio ambiental, ademais de identificar posibles sendas e rutas ou
espazos de ocio que se poderían crear ou mellorar.
Os talleres que se desenvolverán en horario de tarde (18:30 h.), teñen as
seguintes datas e lugares previstos, aínda que poderían sufrir cambios por
motivos de organización:
Área de Monfero - A Capela - As Pontes: data pendente de
confirmación, no Concello das Pontes
Área de Pontedeume - Cabanas: 10 de abril, na Aula Nº 14, Edif. Foremdes, Avda. Ricardo Sánchez s/n, Pontedeume.
Área de Ares - Fene - Mugardos: 12 de abril, no Salón de Actos do Edificio da Alianza Aresana, Rúa María Nº 11, Ares.
Para máis
información pódese consultar o apartado de Actividades de este blog,
consultar a páxina web infraestruturaverdecoruna.gal, enviar un correo
electrónico ao enderezo info@infraestruturaverdecoruna.gal
ou chamar ao teléfono 981 669 541.
Ningún comentario:
Publicar un comentario