luns, 30 de xaneiro de 2017

Convocadas as axudas do Leader 14-20


Coa publicación no DOGA do 30 de Xaneiro da convocatoria Leader iniciase o periodo para a presentación de proxecxtos.

Esta primeira convocatoria finaliza inicialmente o 31 de Marzo.

O DOGA publica a "RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2016 pola que se convocan, mediante
tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2017 e 2018, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento
Rural.

Mais información póñanse en contacto a través dos teléfonos que figuran en este blogue.

luns, 11 de xullo de 2016

Presentouse a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (ELDP)


Este mes de Xullo deuselle resposta á convocatoria Leader realizada pola Xunta de Galicia.

A Administración dispón de catro meses para resolver a convocatoria, a contiuación asinará os convenios coas entidades beneficiarias nos diferentes territorios, para poder abrir o periodo de solicitudes de axuda contra a financiación Leader que xestionará Seitura 22.

O documento íntegro está a disposición para a súa consulta na páxina de descargas de este mesmo blog.


martes, 21 de xuño de 2016

Aprobada a Estratexia e o Plan de Acción de Seitura 22 para o periodo 2.014-2.020



Onte celebrouse na Malata a Asamblea de Seitura 22 na que se espuxeron os principais documentos que constituen a candidatura da Asociación ao programa Leader 14-20.

Ademais dos anteditos Estratexia e Plan de Acción, aprobouse o Cadro Fiancieiro, que se presentará ao programa cifrado en 5 millóns de euros, e os Criterios de Selección de Proxectos. Estos dous últimos documentos sufriron modificacións gracias ao debate suscitado, ao respecto das propostas inicialmente presentadas.

venres, 17 de xuño de 2016

Convocada Asemblea da Asociación SEITURA22 para o luns día 20 en FIMO, Ferrol.

Na Asamblea presentarase a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa (EDLP).


A  Asamblea servirá de presentación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa (EDLP) da Asociación SEITURA22, coa que pretendemos concorrer á convocatoria de AGADER para xestionar o Programa LEADER de Galicia 2014-2020, no ámbito territorial dos 22 concellos do noso contorno.

Dita asemblea terá lugar o LUNS DÍA 20 DE XUÑO de 2016, ás 19:30 horas, en primeira convocatoria e ás 20:00 en segunda convocatoria, no Auditorio de FIMO (Ferrol), situado no edificio de servizos múltiples (subindo as escaleiras principais e despois da porta xiratoria ao lado das oficinas de Costa Noroeste ).

Nesta asemblea informativa darase conta á sociedade civil e institucional, participantes no proceso, do resultado do traballo feito durante os meses pasados, cunha exposición e visualización dos contidos da Estratexia.

Tamén se recollerán as suxestións que se queiran aportar, co fin de pechar o documento e presentalo ante a Xunta de Galicia na última semana de xuño, prazo no que remata a presentación de candidaturas.

Asuntos, todos eles que se desenvolverán na seguinte ODD:

1. Dar conta do documento “Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa do Grupo de Desenvolvemento Local Asociación SEITURA22”.
2. Propostas ou suxestións a EDLP.
3. Acordo de aprobación , se procede, da EDLP SEITURA22.
4. Rogos e preguntas.

A este respecto están a disposición dos interesados, no apartado de descargas de este blog, os arquivos de:

- Estratexia Seitura 22
- Plan de Acción Seitura 22

martes, 24 de maio de 2016

As diferentes Mesas Sectoriais validan o diagnóstico territorial.

Nas diferentes xuntanzas acabouse de perfilar as conclusións do Diagnóstico e avanzouse na formulación de propostas que serviran de base á Estratexia e o Plan de Acción. 

O longo da presente semana incorporaranse as diferentes aportacións que permitirán pechar o documento de Diagnóstico. Así que previsiblemente estará subido ao blog a próxima semana na súa versión definitiva.
A pasada semana foron dous os encontros realizados, por unha banda o Mercores 18 xuntaronse as Mesas de Empresarios e de Turismo en Ortigueira, no Centro Social.

 











Asimesmo o Xoves 19 foi o turno da Mesa Agroforestal, reunida na Capela na Biblioteca Municipal:



 




O Luns 23 foi o encontro da Mesa Institucional no Concello de Narón.
 










E tamén foi a data do encontro das Mesas Sociocomunitaria e de Benestar, que se reuniron en Neda:

mércores, 18 de maio de 2016

Subiuse o Borrador da Diagnose do Territorio

Trátase dun documento de traballo polo que non é o definitivo.

Ainda que non concluiu a redacción do mesmo, optouse por poñer a disposición das persoas interesadas o documento para facilitar a participación das mesmas nesta segunda volta de encontros sectoriais (Ver convocatoria na anterior entrada). O documento pódese consultar ou copiar no apartado "Descargas".

Así pódese consultar a síntese da Diagnose, contida nas últimas páxinas, para facer chegar as aportacións que se estimen oportunas ben nos antedidos encontros (Mesas Sectoriais) ben a través das oficinas presentes no apartado "Contacto" (vía correo electrónico, telefónica ou presencialmente).

luns, 16 de maio de 2016

Nova convocatoria das Mesas Sectoriais

Co obxectivo de pechar o Diagnóstico e abordar o Plan de Acción.

Esta segunda convocatoria das Mesas Sectoriais consistirá en talleres de participación para terminar de definir a situación dos diferentes sectores socioeconómicos do ámbito territorial da Asociación Seitura 22, e fundamentalmente recoller ás diferentes aportacións e iniciativas que permitan elaborar a estratexia de desenvolvemento da Asociación.
Estas reunións están abertas á participación dos diferentes axentes e persoas interesadas, máis alá das entidades que xa forman parte de Seitura 22 ou que prevén asociarse no futuro.

Mercores 18: Mesas Empresarios e Turismo. Ortigueira ás 19:00h. No Centro Social (Travesía de la Alameda s/n).
Xoves 19: Mesa Agroforestal. A Capela ás 19:00h. Biblioteca Municipal.
Luns 23: Mesa Institucional. Casa do Concello de Narón ás 11:30h.
Luns 23: Mesas Benestar e Sociocomunitaria. Neda 19:00h. Centro Cívico.