Co obxectivo de pechar o Diagnóstico e abordar o Plan de Acción.
Esta segunda convocatoria das Mesas Sectoriais consistirá en talleres de participación para terminar de definir a situación dos diferentes
sectores socioeconómicos do ámbito territorial da Asociación Seitura 22, e fundamentalmente recoller ás diferentes aportacións e iniciativas que permitan elaborar a estratexia de desenvolvemento da Asociación.
Estas reunións están abertas á participación dos diferentes
axentes e persoas interesadas, máis alá das entidades que xa forman parte de
Seitura 22 ou que prevén asociarse no futuro.
Mercores 18: Mesas Empresarios e Turismo. Ortigueira ás 19:00h. No Centro Social (Travesía de la Alameda s/n).
Xoves 19: Mesa Agroforestal. A Capela ás 19:00h.
Biblioteca Municipal.
Luns 23: Mesa Institucional. Casa do Concello de Narón ás 11:30h.
Luns 23: Mesas Benestar e Sociocomunitaria. Neda 19:00h. Centro Cívico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario