martes, 17 de abril de 2018

Curso "A elaboración de transformados lácteos. Unha oportunidade para emprender"



Curso "A elaboración de transformados lácteos. Unha oportunidade para emprender"

Desenvolverase entre os días 24 e 27 de abril no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo (Bergondo – A Coruña).

Está organizado pola Asociación Mariñas-Betanzos (www.marinasbetanzos.gal) coa colaboración do CFEA de Guísamo e Queixerías Prestes.  Está dirixido a todas as persoas interesadas en poñer en marcha unha iniciativa emprendedora ligada coa transformación láctea, a pequenas explotacións gandeiras, e outras persoas interesadas.

​Para máis información e inscrición​s: 981 669 541 - info@marinasbetanzos.gal. 

 

xoves, 5 de abril de 2018

Talleres de participación pública da Infraestrutura Verde da área da Coruña



Nos próximos días, celebraranse unha serie de talleres de participación pública para a iniciativa da Infraestrutura Verde da área da Coruña, en diversos concellos da nosa Asociación. Estes encontros, abertos a toda a cidadanía interesada, buscan recoller as propostas e ideas da poboación para coñecer a situación ambiental da zona e as opinións para mellorar e manter as áreas naturais e a ordenación do territorio desde unha perspectiva medio ambiental, ademais de identificar posibles sendas e rutas ou espazos de ocio que se poderían crear ou mellorar.


Os talleres que se desenvolverán en horario de tarde (18:30 h.), teñen as seguintes datas e lugares previstos, aínda que poderían sufrir cambios por motivos de organización:

Área de Monfero - A Capela - As Pontes: data pendente de confirmación, no Concello das Pontes
Área de Pontedeume - Cabanas: 10 de abril, na Aula Nº 14, Edif. Foremdes, Avda. Ricardo Sánchez s/n, Pontedeume.
Área de Ares - Fene - Mugardos: 12 de abril, no Salón de Actos do Edificio da Alianza Aresana, Rúa María Nº 11, Ares.
Para máis información pódese consultar o apartado de Actividades de este blog, consultar a páxina web infraestruturaverdecoruna.gal, enviar un correo electrónico ao enderezo info@infraestruturaverdecoruna.gal ou chamar ao teléfono 981 669 541.