martes, 17 de abril de 2018

Curso "A elaboración de transformados lácteos. Unha oportunidade para emprender"



Curso "A elaboración de transformados lácteos. Unha oportunidade para emprender"

Desenvolverase entre os días 24 e 27 de abril no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo (Bergondo – A Coruña).

Está organizado pola Asociación Mariñas-Betanzos (www.marinasbetanzos.gal) coa colaboración do CFEA de Guísamo e Queixerías Prestes.  Está dirixido a todas as persoas interesadas en poñer en marcha unha iniciativa emprendedora ligada coa transformación láctea, a pequenas explotacións gandeiras, e outras persoas interesadas.

​Para máis información e inscrición​s: 981 669 541 - info@marinasbetanzos.gal. 

 

xoves, 5 de abril de 2018

Talleres de participación pública da Infraestrutura Verde da área da Coruña



Nos próximos días, celebraranse unha serie de talleres de participación pública para a iniciativa da Infraestrutura Verde da área da Coruña, en diversos concellos da nosa Asociación. Estes encontros, abertos a toda a cidadanía interesada, buscan recoller as propostas e ideas da poboación para coñecer a situación ambiental da zona e as opinións para mellorar e manter as áreas naturais e a ordenación do territorio desde unha perspectiva medio ambiental, ademais de identificar posibles sendas e rutas ou espazos de ocio que se poderían crear ou mellorar.


Os talleres que se desenvolverán en horario de tarde (18:30 h.), teñen as seguintes datas e lugares previstos, aínda que poderían sufrir cambios por motivos de organización:

Área de Monfero - A Capela - As Pontes: data pendente de confirmación, no Concello das Pontes
Área de Pontedeume - Cabanas: 10 de abril, na Aula Nº 14, Edif. Foremdes, Avda. Ricardo Sánchez s/n, Pontedeume.
Área de Ares - Fene - Mugardos: 12 de abril, no Salón de Actos do Edificio da Alianza Aresana, Rúa María Nº 11, Ares.
Para máis información pódese consultar o apartado de Actividades de este blog, consultar a páxina web infraestruturaverdecoruna.gal, enviar un correo electrónico ao enderezo info@infraestruturaverdecoruna.gal ou chamar ao teléfono 981 669 541.





xoves, 22 de marzo de 2018

Ampliase o prazo para a presentación de solicitudes de axuda Leader 2018 (1ª convocatoria).

O prazo para a presentación de proxectos nesta primeira convocatoria rematará o 3 de Abril. 


A primeira convocatoria da anualidade Leader 2.018, que inicialmente estaba previsto que rematara o 30 de Marzo, prorrogase ate o 3 de Abril.

Así para as persoas físicas o rexistro das oficinas de Seitura 22 estara aberto ate as 14:00 horas do martes 3 de Abril. Para o resto de solicitantes; sociedades, concellos, asociacións e tamén persoas físicas se así o desexan, o Rexistro da Xunta pechara ese día 3 ás 23:59.

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codCons=MR&codProc=701D&procedemento=MR701D




xoves, 15 de marzo de 2018

A Deputación convoca axudas a autónomos e empresas para bens inventariables.


Podes beneficiarte da axuda "PEL- Emprende Inversión 2018" da Deputación da Coruña, ata 25.000€ para:

1. Crear unha nova páxina web ou actualizar unha existente.
2. Mercar unha aplicación informática de xestión.
3. Renovar os teus equipos: ordeadores e outros conxuntos electrónicos. 

O XOVES, 15 DE FEBREIRO DE 2018 O BOP PUBLICA AS "BASES REGULADORAS DE LA CONVOCATORIA DE AYUDAS A LA CONSOLIDACIÓN Y AL FORTALECIMIENTO DEL TEJIDO EMPRESARIAL EN LOS AYUNTAMIENTOS DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA A TRAVÉS DEL APOYO A LA INVERSIÓN EN BIENES INVENTARIABLES. (PEL-Emprende Inversión 2018).

Enlace convocatoria PEL-Emprende Inversión 2.018