O pasado Luns 30 de Novembro presentouse no Centro de Dinamización
Empresarial de Seara sito no Polígono Empresarial de Penapurreira en As Pontes a análise da información técnico-económica das explotacións participantes no programa de “Mellora da eficiencia das
explotacións agrogandeiras”.
A xornada tivo unha primeira parte de maña centrada nos resultados das explotacións de orientación láctea, mentres que durante a tarde foi o turno das explotacións cárnicas.
Os diferentes datos de cada explotación contrastáronse con medias do sector según a súa actividade fose máis ou menos extensiva ou ecolóxica. Sempre coa idea de sinalar posibles aspectos de mellora na xestión das explotacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario