A Estratexia de Desenvolvemento Rural presentada
por Seitura 22 para a xestión do Eixo Leader 14-20 recollía no seu diagnóstico
varias ameazas relacionadas coa viabilidade das explotacións agropecuarias. Así,
estableceuse como obxectivo específico da súa Estratexia de Desenvolvemento "A
mellora da eficiencia na xestión das explotacións agrarias".
E por isto que como continuidade do proceso de
animación posto en marcha desenvolverase este proxecto, que partindo da
coordinación das explotacións agrogandeiras, promoverá a mellora da eficiencia
na xestión dos recursos por parte das explotacións do territorio.
Para iso poñerase en marcha unha acción
colaborativa para a mellora de dita eficiencia en base á xestión
económico-técnica das explotacións do ámbito territorial da asociación seitura
22.
O programa iniciarase cunha xornada formativa o
vindeiro Martes día 11 ás 12:00h no Centro de Dinamización Empresarial de Seara sito no Polígono Empresarial de Penapurreira en As Pontes.
|
Este é o blog da Asoc. Seitura 22. Esta entidade está a xestionar o Eixo Leader no territorio abarcado polas comarcas de Ferrol, Eume, Ortegal e os concellos de Miño e Vilarmaior durante o actual periodo de programación comunitaria 2.014-2.020.
luns, 3 de febreiro de 2020
Seitura promove un programa de mellora das explotacións do territorio.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario