luns, 5 de novembro de 2018

O vindeiro día 15 celebraremos unha “Xornada sobre financiamento europeo”


En colaboración con Europe Direct (pertencente á Deputación da Coruña) dende a Asociación Seitura 22 celebraremos o próximo día 15 de novembro, dunha “Xornada sobre financiamento europeo”,

Esta xornada impartirase no Antigo Hospicio de Ferrol, situado na Rúa Méndez Núñez, Esquina Praza Amboaxe, en Ferrol, en horario de 09:00 a 14:00 horas.

O obxecto da Xornada é proporcionar información sobre as distintas liñas de  financiamento europeo existentes, que poden contribuír a  facilitar a creación dunha candidatura para a realización de Proxectos, incluíndo un taller que permitirá definir proxectos que a propia Asociación Seitura 22 pode presentar ás diferentes liñas de axuda. 

Por outra banda, este taller pode axudar a definir proxectos que as diferentes asociacións e entidades locais poden presentar de maneira individual. 

O taller será impartido por Ana Moreno Bejarano, técnica de Europe Direct de Granada, especialista en economía circular, e con experiencia en presentar candidaturas a diferentes programas para grupos de Concellos de reducida dimensión.

A xornada está dirixida prioritariamente aos técnicos e directivos das distintas entidades privadas que conforman a Asociación Seitura 22, así como aos responsables políticos e técnicos das entidades públicas.

Prégase que aquelas persoas que estean interesadas en asistir á Xornada, se inscriban previamente, antes do día 12 de novembro, a través do seguinte enderezo electrónico info@seitura22.gal,
ou chamando ao nº de teléfono 981 33 33 98

Ningún comentario:

Publicar un comentario