martes, 11 de setembro de 2018

Seitura promove o curso EDUCANDO EN VALORES PARA UN NOVO MODELO ALIMENTARIO


En colaboración con EuroEume,Veterinarios sin Fronteras  – Justicia Alimentaria, Hegoa e Agrupación Agroalimentaria do Eume desenvolverase este curso os días 3, 4, 5 e 6 de Outubro no IES Fraga do Eume de Pontedeume.

A intención é que o mesmo teña continuidade a través da creación dun grupo de traballo que poda seguir desenvolvendo actividades en relación coa temática da alimentación.

O curso é gratuito e está homologado pola Consellería de Educación, as prazas son limitadas polo que é necesario a preinscripción, podedes realizala ou obter mais información a través dos teléfonos  981440668 / 981440729 e do correo seitura22@seitura22.gal .



INTRODUCIÓN
A alimentación é un feito fundamental na nosa vida cotiá con enormes efectos sociais, ambientais e sobre a nosa saúde. Como tal, constitúe unha problemática social relevante desde a que traballar a nivel educativo de maneira transversal en todas as áreas e como proxecto.
Si consideramos a educación como un motor de transformación social, é fundamental afrontar estas problemáticas sociais desde a perspectiva dunha educación crítica, que estimule o debate e a xeración dun criterio propio por parte do alumnado sobre o sistema alimentario e o noso papel como persoas consumidoras para actuar a favor dun modelo máis xusto, saudable e sostible.
OBXECTIVOS
O presente curso, ten como obxectivo xeral dar ferramentas prácticas ao profesorado para traballar na aula desde o enfoque e metodoloxías da educación crítica, a problemática social, ambiental e para a saúde do noso sistema alimentario, e as alternativas que se ofrecen desde a soberanía alimentaria con enfoque de xénero.
Para iso, busca en primeira instancia que o profesorado coñeza e se sensibilice sobre o actual sistema alimentario e os impactos xa citados, así como as alternativas propostas desde a soberanía alimentaria con perspectiva de xénero.
En segundo lugar, o curso ofrece ferramentas e materiais concretos para traballar tanto na aula como no horto escolar e co resto da comunidade educativa (ANPA’s, etc) e a posibilidade de coñecer e intercambiar experiencias sobre o tema con outros centros educativos.
ESTRUTURA
O curso estrutura o contido en 6 bloques de maneira cronolóxica para ter os conceptos básicos sobre a problemática alimentaria, a soberanía alimentaria e a educación transformadora.

A duración total aproximada é de 20 horas. Homologado pola Consellería de Educación.
Metodoloxías participativas, con lecturas, vídeos, coñecendo experiencias educativas no marco do programa alimentacción (http://www.alimentaccion.net/)
Realizaranse exercicios de elaboración de materiais didácticos e saídas a explotacións do territorio.
Relatores: VsF – Justicia Alimentaria, Hegoa, EuroEume, Na horta da avoa María.
Prazas limitadas, necesario preinscripción.

Ningún comentario:

Publicar un comentario