martes, 11 de setembro de 2018

Seitura promove o curso EDUCANDO EN VALORES PARA UN NOVO MODELO ALIMENTARIO


En colaboración con EuroEume,Veterinarios sin Fronteras  – Justicia Alimentaria, Hegoa e Agrupación Agroalimentaria do Eume desenvolverase este curso os días 3, 4, 5 e 6 de Outubro no IES Fraga do Eume de Pontedeume.

A intención é que o mesmo teña continuidade a través da creación dun grupo de traballo que poda seguir desenvolvendo actividades en relación coa temática da alimentación.

O curso é gratuito e está homologado pola Consellería de Educación, as prazas son limitadas polo que é necesario a preinscripción, podedes realizala ou obter mais información a través dos teléfonos  981440668 / 981440729 e do correo seitura22@seitura22.gal .



INTRODUCIÓN
A alimentación é un feito fundamental na nosa vida cotiá con enormes efectos sociais, ambientais e sobre a nosa saúde. Como tal, constitúe unha problemática social relevante desde a que traballar a nivel educativo de maneira transversal en todas as áreas e como proxecto.
Si consideramos a educación como un motor de transformación social, é fundamental afrontar estas problemáticas sociais desde a perspectiva dunha educación crítica, que estimule o debate e a xeración dun criterio propio por parte do alumnado sobre o sistema alimentario e o noso papel como persoas consumidoras para actuar a favor dun modelo máis xusto, saudable e sostible.
OBXECTIVOS
O presente curso, ten como obxectivo xeral dar ferramentas prácticas ao profesorado para traballar na aula desde o enfoque e metodoloxías da educación crítica, a problemática social, ambiental e para a saúde do noso sistema alimentario, e as alternativas que se ofrecen desde a soberanía alimentaria con enfoque de xénero.
Para iso, busca en primeira instancia que o profesorado coñeza e se sensibilice sobre o actual sistema alimentario e os impactos xa citados, así como as alternativas propostas desde a soberanía alimentaria con perspectiva de xénero.
En segundo lugar, o curso ofrece ferramentas e materiais concretos para traballar tanto na aula como no horto escolar e co resto da comunidade educativa (ANPA’s, etc) e a posibilidade de coñecer e intercambiar experiencias sobre o tema con outros centros educativos.
ESTRUTURA
O curso estrutura o contido en 6 bloques de maneira cronolóxica para ter os conceptos básicos sobre a problemática alimentaria, a soberanía alimentaria e a educación transformadora.

A duración total aproximada é de 20 horas. Homologado pola Consellería de Educación.
Metodoloxías participativas, con lecturas, vídeos, coñecendo experiencias educativas no marco do programa alimentacción (http://www.alimentaccion.net/)
Realizaranse exercicios de elaboración de materiais didácticos e saídas a explotacións do territorio.
Relatores: VsF – Justicia Alimentaria, Hegoa, EuroEume, Na horta da avoa María.
Prazas limitadas, necesario preinscripción.

luns, 10 de setembro de 2018

Aprobados 11 proxectos na convocatoria Leader 2.018


Na convocatoria Leader de 2.018 apróbanse 696.051,16 € en axudas.
 
Estas axudas repartironse entre 11 proxectos a executar entre 2.018 e 2.019.

A continuación presentamos a relación de proxectos e as cantidades comprometidas:

ANEXO I: PROXECTOS PRODUTIVOS
Título
Promotor
Orzamento aceptado
Portentaxe de  axuda (%)
IMPORTE AXUDA
Concello
Comercio e factura electrónicos
Coop. Ptres. Campo Capela, SCG
        13.954,50€
50,00%
6.977,25€
A Capela
Proxecto de melloras tecnolóxicas en queixería
Cooperativa Productores Campo Capela
        57.768,00€
47,90%
27.670,87€
A Capela
Planta de almacenamento e reciclaxe de residuos
Villasuso Ortegal, S.L.
     171.381,62€
45,80%
78.492,78€
Ortigueira
Construción nave, adquisición maquinaria e posta en marcha de entidade de transformación, embalaxe, almacén para…
Cabarcos y Salgueiro, S.L.
     280.674,33€
45,20%
126.864,80€
Narón
Centro de renvasado, transformación e fundido
Lácteos Algra, S.L.
14.268,55 €
44,90%
6.406,58€
San Sadurniño
Nave almacén para maquinaria agarícola
Ivan Tembrás, S.L.U.
390.954,47€
43,70%
170.847,10€
As Somozas
Centro de día (Lar do Eume) en Pontedeume
Mª Encarnación Sardiña Camino
     186.960,33€
43,40%
33.209,21€
Pontedeume
 ANEXO II: PROXECTOS NON PRODUTIVOS CON AXUDA CONCEDIDA PROMOVIDOS POR ENTIDADES PÚBLICAS LOCAIS
Título
Promotor
Orzamento aceptado
Portentaxe de  axuda (%)
IMPORTE AXUDA
Centro cívico socio-cultural en As Somozas
Concello das Somozas
     690.576,65€
79,00%
  122.791,29€
 ANEXO III: PROXECTOS NON PRODUTIVOS CON AXUDA CONCEDIDA PROMOVIDOS POR ENTIDADES PRIVADAS
Título
Promotor
Orzamento aceptado
Portentaxe de  axuda (%)
IMPORTE AXUDA
Concello
Equipamento obradoiro serigrafía: Túnel de secado
ASPANEPS
           6.352,50 €
88,00%
        5.590,20€
Fene
RUTRA: Transporte adaptado no rural
Asociación ASCM
        37.212,08€
86,00%
     32.002,39€
Ferrol
Aulas formativas prelaborais
ASPANAES, Asociación de Pais de persoas con trastorno de espectro autista
        99.637,43€
86,00%
     85.198,70€
Ferrol