O Instituto de
Estudos do
Territorio
da Consellería
de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade da Coruña, está a redactar dende hai meses a Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia. Esta Estratexia consiste na planificación estratéxica dunha rede de áreas naturais ou seminaturais e
elementos ambientais que asegure a protección da biodiversidade e garanta a provisión dos servizos ecosistémicos necesarios para a poboación.
O deseño da Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia precisa contar coa participación de toda a sociedade galega. Por este
motivo, nas próximas semanas realizaranse diversos
encontros participativos de carácter sectorial aos que poderán asistir aquelas persoas, institucións públicas
e privadas, asociacións e/ou representantes da Administración con intereses ou coñecementos
na materia. Por este motivo, convidámolo ao encontro correspondente ao sector AGRO-GANDEIRO, que terá lugar*:
Data
|
Mércores 27 de xuño
|
Horario
|
9:30-13:30 h
|
Lugar
|
Aula Seminario (Museo Centro Gaiás)
Cidade da Cultura – Santiago de Compostela
|
A información que se obteña nestes encontros sectoriais constituirá unha peza fundamental na elaboración da Estratexia. Todas as propostas e opinións extraídas dos mesmos serán trasladadas ao equipo redactor da estratexia co fin de telas en conta na elaboración do documento final.
Agradecemos a extensión deste convite ao tecido asociativo, empresarial e á cidadanía que poida estar interesada.
Para levar
a cabo
a planificación desta
sesión de
traballo, rogamos se confirme a asistencia, ben a través do correo electrónico: infraestructuraverde.iet@xunta.gal ou nos teléfonos: 608.201.251 / 608.710.978.
Así mesmo, achégase información do conxunto
de encontros
sectoriais que se realizarán
nas próximas semanas, por se están interesados en asistir a algún deles.
CALENDARIO DE ENCONTROS SECTORIAIS
Cidade da Cultura - Santiago de Compostela. Todos os encontros serán na Aula Seminario (Museo Centro Gaiás), excepto o Encontro Sectorial de Minas e Enerxía, na Sala I (Biblioteca e Arquivo de Galicia)
AGRO - GANDEIRO Mércores, 27 de Xuño de 9:30h á 13:30h
MINAS E ENERXÍA Venres, 29 de Xuño de 9:30h á 13:30h
LITORAL E PESCA Martes, 3 de Xullo de 9:30h á 13:30h
TURISMO E DEPORTE Mércores, 4 de Xullo de 16:30h á 20:30h
AMBIENTAL E PATRIMONIO CULTURAL Xoves, 5 de Xullo de 16:30h á 20:30h
FORESTAL Martes, 10 de Xullo de 9:30h á 13:30h
MULTISECTORIAL Xoves, 12 de Xullo de 9:30h á 13:30h
Ningún comentario:
Publicar un comentario