Dentro do PROCESO DE PARTICIPACIÓN PÚBLICA
para a elaboración da ESTRATEXIA
DE INFRAESTRUTURA VERDE DE GALICIA, o martes 15 de maio ás 18:00h na Casa da Cultura de San Sadurniño
(Avda. Marqués de Figueroa, 13, SAN SADURNIÑO)tera lugar o encontro de participación
cidadá para as comarcas de Ferrol-Eume-Ortegal.
Este encontro está
aberto á participación de veciñanza, organizacións e entidades do territorio
dentro das comarcas de Ferrol-Eume-Ortegal: Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido,
Fene, Ferrol, Mañón, Miño, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira,
Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño
e Vilarmaior. O encontro estará dividido en dúas partes. Na
primeira parte, realizarase unha breve presentación dos obxectivos da
Estratexia da Infraestrutura Verde de Galicia; e na segunda parte, levarase a
cabo un obradoiro no que as persoas e entidades asistentes compartirán as súas
ideas e opinións sobre o modelo territorial que lles gustaría que se fomentase,
en asuntos como: usos do solo, biodiversidade e ecosistemas naturais na comarca,
infraestruturas terrestres e hidráulicas, mobilidade e oportunidades económicas
respetuosas co medioambiente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario