mércores, 13 de setembro de 2017

A Asociación Seitura modifica a composición da súa Xunta Directiva.

Na xuntanza mantida o 27 de Xuño acordouse a aprobación dos cargos da nova Directiva, que son os seguintes:


Presidente: D. Jorge Juan Suárez Fernández,  en representación do Concello de Ferrol
Vicepresidente: D. Xosé Castro Romero,  en representación da Asociación de Empresarios SEARA
Secretario: D. Julio Iglesias Redondo,  en representación do Concello de Ares.
Tesoureira: Dna. María Teresa Martínez Fernández,  en representación da  AVV Ferrol Vello.
Vogais:
D. Manuel González López, en representación do Concello de Cabanas
D. Benigno Galego Castro, en representación do Concello de Cerdido
D. César Daniel Castro García, en representación do Concello de Fene
D. Ricardo Alejandro Matías Sánchez Oroza, en representación do Concello de Miño
Dna. Beatriz Bascoy Maceiras, en representación do Concello de Moeche
D. Andrés Feal Varela, en representación do Concello de Monfero
Dna. Yolanda Vázquez Busto, en representación do Concello de Pontedeume
D. Juan Alonso Tembrás, en representación do Concello de As Somozas
D. Manuel Ángel Sendón López, en representación da CMVMC Covas e Esmelle
D. José Javier Guerrero Cortés, en representación de PROMACER Asoc. de produtores de madeira de Cerdido
D. Xosé María García Villaverde, en representación do Sindicato Labrego Galego
D. Gregorio Freire Piñeiro, en representación da USTG
D. José María Otero Primoy, en representación de AFAL Ferrolterra
Dna. Rocío Coira Fernández, en representación da Asociación Nuestra Señora de Chamorro
D. Ángel Gárate Roca, en representación da Asociación Sociocultural ASCM
Dna. María del Mar Novo Ferrero, en representación de ASPANEPS Asociación de pais de nenos con problemas psicosociais
Dna. Isabel Fernández Blanco, en representación de Teima Down Ferrol
 

xoves, 20 de xullo de 2017

Horarios Xullo e Agosto

Por mor das vacacións a oficina de As Pontes permanecerá pechada entre o 24 de Xullo e o 4 de Agosto.
A oficina de Ortigueira pechará do 24 de Xullo ao 11 de Agosto.
Durante estes días poderán seguir realizando trámites e consultas a través da oficina de Ferrol en horario de 9:00 a 14:30 para a atención ao público.

xoves, 18 de maio de 2017

Convocadas as Mesas Sectoriais da Asoc. Seitura 22

Entre o 22 e o 30 de Maio celebraranse as diferentes Mesas Sectoriais da Asociación.

Tal e como marcan os estatutos da Asociación Seitura22,  nos próximos días vanse convocar as diferentes Mesas Sectoriais nas que está organizada a Asociación.
Pretendemos que estas mesas de traballo nos permitan mellorar a xestión que se está realizando desde a Asociación, así como traballar dous aspectos fundamentais:
- Identificar as necesidades dos diferentes sectores nos que está organizada a Asociación e ver en que medida esta pode dar resposta ás mesmas.
- Abrir o proceso de renovación da Xunta Directiva da Asociación Seitura22. A Mesa proporá os seus representantes na Xunta Directiva (só para socios).
 O Calendario previsto para a convocatoria das diferentes mesas é o seguinte:
  • Mesa de Dinamización Sociocomunitaria: día 22 de maio, ás 20:00 horas, no 2º Andar do Concello de Narón (Praza de Galicia, s/nº).
  • Mesa Agroforestal: día 23 de maio, ás 20:00 horas, no Centro Administrativo Pontés (CAP) do Concello de As Pontes (Rúa Juan Antonio Suances, s/nº). 
  • Mesa de Turismo e Hostalería: día 25 de maio, ás 20:00 horas, no Antigo Hospitalillo de San Roque do Concello de Ortigueira (Rúa Príncipe, O Ponto).
  • Mesa Empresarial e do Emprego: día 29 de maio, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura do Concello de Fene (Avda. Conces, 22).
  • Mesa de Benestar Social: día 30 de maio, ás 20:00 horas, no Antigo Hospicio Municipal do Concello de Ferrol (Rúa Méndez Núñez, 11, Esq. Praza de Amboaxe).
Dado que este é un proceso aberto a todas as persoas e entidades interesadas, pedímoslle que lle dean a maior difusión posible.

venres, 10 de marzo de 2017

Enlace ao portal electrónico da Xunta


MR701D - Axudas LEADER. PDR de Galicia 2014-2020.



De cara a facilitar a tramitación das solicitudes de axuda ao programa Leader de Seitura22 adxuntamos o enlace ao portal electrónico da Xunta, onde ademais de realizar a propia tramitación, podedes consultar a documentación necesaria, descargar os modelos normalizados para cumprimentalos, etc.


Aproveitamos para recordarvos que é convinte poñerse en contacto coa Asoc. Seitura22, antes de iniciar a tramitación para facilitar a mesma e limitar as complicacións burocráticas.

xoves, 2 de marzo de 2017

Convocadas charlas informativas en Ares, Neda, Cariño, Mugardos e Narón.

As xa anunciadas charlas de Miño, Pontedeume e Cabanas, súmanse agora Ares,  Neda, Cariño, Mugardos e Narón.


O Martes día 7 ás 20:00 nos locais da Alianza Aresana será o encontro de Ares.
O Luns 13, ás 19:30 na Casa das Palmeiras será o de Neda.
O Martes 14, ás 19:30 h no Salón de Plenos do Concello Cariño.


  • Concello de Mugardos: xoves, día 16 de Marzo, ás 19:30 h no Salón de Plenos do Concello.
  • Concello de Narón: venres, día 24 de Marzo, ás 19:00 h no Café Teatro do Pazo da Cultura.