mércores, 20 de xuño de 2018

Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia; encontros participativos de carácter sectorial

O Instituto de Estudos do Territorio da Consellea de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade da Coruña, está a redactar dende hai meses a Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia. Esta Estratexia consiste na planificación estratéxica dunha rede de áreas naturais ou seminaturais e elementos ambientais que asegure a protección da biodiversidade e garanta a provisión dos servizos ecosistémicos necesarios para a poboación.  

O deseño da Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia precisa contar coa participación de toda a sociedade galega. Por este motivo, nas próximas semanas realizaranse diversos encontros participativos de caráctesectorial aos que poderán asistir aquelas persoas, institucións públicas e privadas, asociacións e/ou representantes da Administración con intereses ou coñecementos na materia. Por este motivo, convimolo ao encontrcorrespondente ao sector AGRO-GANDEIRO, que terá lugar*:
Data
Mércores 27  de xuño
Horario
​9:30-13:30 h

Lugar
Aula Seminario (Museo Centro Gaiás) Cidade da Cultura Santiago de Compostela

A información que se obteña nestes encontros sectoriais constituirá unha peza fundamental na elaboración da Estratexia. Todas as propostas e opinións extraídas dos mesmos serán trasladadas ao equipo redactor da estratexia co fin de telas en conta na elaboración do documento final.

Agradecemos a extensión deste convite ao tecido asociativo, empresarial e á cidadanía que poida estar interesada.

Para levar a cabo a planificación desta sesión de traballo, rogamos se confirme a asistenciaben a través do correo electrónico:  infraestructuraverde.iet@xunta.gal ou nos teléfonos: 608.201.251 / 608.710.978.

Así mesmo, achégase  información do conxunto de encontros sectoriais que se realizarán nas próximas  semanas, pose están interesados en asistir a algún deles.

CALENDARIO DE ENCONTROS SECTORIAIS
Cidade da Cultura - Santiago de Compostela. Todos os encontros serán na Aula Seminario (Museo Centro Gaiás), excepto o Encontro Sectorial de Minas e Enerxía, na Sala I (Biblioteca e Arquivo de Galicia)


AGRO - GANDEIRO Mércores, 27 de Xuño de 9:30h á 13:30h

MINAS E ENERXÍA Venres, 29 de Xuño de 9:30h á 13:30h

LITORAL E PESCA Martes, 3 de Xullo de 9:30h á 13:30h

TURISMO E DEPORTE Mércores, 4 de Xullo de 16:30h á 20:30h

AMBIENTAL E PATRIMONIO CULTURAL Xoves, 5 de Xullo de 16:30h á 20:30h

FORESTAL Martes, 10 de Xullo de 9:30h á 13:30h

MULTISECTORIAL Xoves, 12 de Xullo de 9:30h á 13:30h


Ningún comentario:

Publicar un comentario