martes, 17 de abril de 2018

Curso "A elaboración de transformados lácteos. Unha oportunidade para emprender"



Curso "A elaboración de transformados lácteos. Unha oportunidade para emprender"

Desenvolverase entre os días 24 e 27 de abril no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo (Bergondo – A Coruña).

Está organizado pola Asociación Mariñas-Betanzos (www.marinasbetanzos.gal) coa colaboración do CFEA de Guísamo e Queixerías Prestes.  Está dirixido a todas as persoas interesadas en poñer en marcha unha iniciativa emprendedora ligada coa transformación láctea, a pequenas explotacións gandeiras, e outras persoas interesadas.

Para máis información e inscricións: 981 669 541 - info@marinasbetanzos.gal