mércores, 30 de xaneiro de 2019

AXUDAS PUBLICADAS NO DOGA ESTA QUINCENA

A continuación vos deixamos unha reseña de varias convocatorias de axudas publicadas no DOGA que poden resultar de interese.


DOG 14-01-19:
Axencia Turismo de Galicia
RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos novos de dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020.

DOG 18-01-19:
Consellería do Medio Rural
ORDE do 19 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras
das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo
Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa
de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019.

DOG 28-01-19:
Axencia Turismo de Galicia
RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2019 pola que se establecen as bases
reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de
subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos
turísticos de aloxamento da Comunidade Autónoma de Galicia e se anuncia a
súa convocatoria para o ano 2019.


DOG 28-01-2019:
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases
reguladoras das subvencións para proxectos de adquisición de maquinaria e
equipamento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo
Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento
rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2019.

Tedes as convocatorias completas no seguinte enlace:

Saúdos,

mércores, 23 de xaneiro de 2019

A Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia publica as bases para a contratación dun técnico.


A Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia constitúese no ano 2009 coa finalidade de favorecer o desenvolvemento rural dos territorios, coordinando as accións dos Grupos de Desenvolvemento Rural, facilitando o intercambio de información e experiencias entre distintas zonas e axentes do rural, fomentando a introdución de novas tecnoloxías e o traballo en rede.
Na actualidade a Asociación de GDRs de Galicia agrupa a 23 entidades, entre as que está Seitura 22, todas elas xestionado programas dentro da Medida Leader (2014-2020)
A Asociación acordou dotarase de persoal con formación e capacidade para dinamizar a Asociación nos vindeiros anos, apoiando actividades para os GDRs que incrementen a visibilidade na sociedade.
Segundo Acordo de Asemblea Xeral acórdase iniciar o procedemento de selección de persoal.
1.      OBXECTO DA CONVOCATORIA.
É obxecto desta convocatoria fixar as Bases e determinar o procedemento de selección para a contratación laboral dunha persoa que desenvolva o cargo de Responsable Técnico da Asociación de GDRs de Galicia.

O tipo de contrato será a tempo parcial “por obra ou servizo determinado", cun salario bruto de 15.000 euros/ano. Esta media xornada poderá transformarse en xornada completa,  caso de ser necesario por razóns do volume de traballo, proxectos conseguidos e resultados acadados.
O proceso garantirá os principios de igualdade, mérito e capacidade, publicidade e concorrencia.


Podedes descargar as bases da convocatoria no seguinte enlace: