venres, 24 de febreiro de 2017

Tres novas convocatorias nos primeiros días de Marzo

Continuando co Plan de difusión das axudas do Leader temos tres novas convocatorias de xuntanzas informativas.

 

Miño; O encontro será o Xoves día 2 de Marzo ás 20:00h no Centro Social da Rúa.

Pontedeume; A charla terá lugar o Mercores día 8 de Marzo ás 20:00 h na Casa da Cultura.

Cabanas; A presentación será o Xoves día 9 de Marzo ás 20:00 h no Salón de Plenos do Concello.


No transcurso do encontro presentaranse as axudas do Leader, atendendo a tipoloxía de proxectos subvencionables, o procedemento de tramitación, a documentación necesaria, etc. procurando resolver as dúbidas dos presentes.

mércores, 15 de febreiro de 2017

Inicianse as xuntanzas informativas sobre as axudas do LEADER

A primeira será en As Pontes o vindeiro martes día 21 de Febreiro.

Con motivo da apertura da convocatoria das axudas no marco do Programa LEADER 2.014-2.020 realizaranse unha serie de reunións informativas abertas á poboación en xeral para dar a coñecer as mesmas.

As reunións previstas nunha primeira instancia son as seguintes:

       --     Día   21/02/17 ás  20:00 horas no Salón de actos da Asociación SEARA  situado na Polígono Industrial de Penapurreira – Parcela Equipamiento, 1, Concello das Pontes.

-      Día   22/02/17 ás 20:00 horas na Fundación Ortegalia situada na Avda. Francisco Santiago 6-9, Concello de Ortigueira.

-    Día   23/02/17 ás 20:00 horas no auditorio do Centro Torrente Ballester na rúa Concepción Arenal no Concello de Ferrol.