venres, 17 de xuño de 2016

Convocada Asemblea da Asociación SEITURA22 para o luns día 20 en FIMO, Ferrol.

Na Asamblea presentarase a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa (EDLP).


A  Asamblea servirá de presentación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa (EDLP) da Asociación SEITURA22, coa que pretendemos concorrer á convocatoria de AGADER para xestionar o Programa LEADER de Galicia 2014-2020, no ámbito territorial dos 22 concellos do noso contorno.

Dita asemblea terá lugar o LUNS DÍA 20 DE XUÑO de 2016, ás 19:30 horas, en primeira convocatoria e ás 20:00 en segunda convocatoria, no Auditorio de FIMO (Ferrol), situado no edificio de servizos múltiples (subindo as escaleiras principais e despois da porta xiratoria ao lado das oficinas de Costa Noroeste ).

Nesta asemblea informativa darase conta á sociedade civil e institucional, participantes no proceso, do resultado do traballo feito durante os meses pasados, cunha exposición e visualización dos contidos da Estratexia.

Tamén se recollerán as suxestións que se queiran aportar, co fin de pechar o documento e presentalo ante a Xunta de Galicia na última semana de xuño, prazo no que remata a presentación de candidaturas.

Asuntos, todos eles que se desenvolverán na seguinte ODD:

1. Dar conta do documento “Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa do Grupo de Desenvolvemento Local Asociación SEITURA22”.
2. Propostas ou suxestións a EDLP.
3. Acordo de aprobación , se procede, da EDLP SEITURA22.
4. Rogos e preguntas.

A este respecto están a disposición dos interesados, no apartado de descargas de este blog, os arquivos de:

- Estratexia Seitura 22
- Plan de Acción Seitura 22

Ningún comentario:

Publicar un comentario