venres, 1 de abril de 2016

O grupo Seitura 22 xestionará os fondos do Leader nas tres comarcas

Jorge Suárez será o presidente e José Castro, o vicepresidente da directiva durante a fase constituínte


Seitura 22 é o nome do grupo de desenvolvemento local (GDR) que xestionará os fondos do programa Leader 2014-2020 nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. A nova entidade xorde da fusión das asociacións Costa Noroeste e Euroeume, cuxos representantes se reuniron onte en Fimo para celebrar a asemblea constituínte. A redistribución do territorio establecida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) incorpora Miño ao GDR 24, que estará composto por 22 concellos. As diferenzas entre Costa Noroeste, que integrou no seu día a Ferrolterra e Ortegal, e Euroeume (á que tamén pertence Vilarmaior) evidenciáronse ao redor da denominación do grupo. Euroeume avogaba por Asociación de Ferrolterra, Eume e Ortegal, pero impúxose a proposta de Costa Noroeste, Seitura 22, sen votación. A data da convocatoria xa xerara malestar entre os concellos de Euroeume, posto que a maior parte non acordaron aínda adherirse como socios fundadores da entidade e están pendentes de celebrar pleno esta semana ou a que vén. Pero os prazos para inscribirse no rexistro de asociacións apreman, segundo esgrimiron desde Costa Noroeste.

Ningún comentario:

Publicar un comentario